A opinión dos docentes...non conta?

7 jul 2011

Un mestre...diferente.

  1. 25 horas lectivas. Pero, ¿de que nos queixamos?

    Autor del comentario:
    Uxío Potel Touceda
    Localidade:
    Ponteareas
    Data de publicación:
    Xoves 07 de xullo de 2011. Publicada en "La Voz de Galicia"
    Son mestre de Educación Infantil, antes chamado preescolar. Fai 23 anos que aprobei as oposicións e empecei a exercer como tal, tanto en colexios daquela chamados de EXB coma en Escolas Unitarias. Despois de ler as manifestacions con "ameazas" veladas por parte de máis dun sindicato sobre a conflictividade que pretender "promover" para o mes de setembro nos podo máis que amosa-la miña indignación como mestre, considerandome parte dun colectivo mimado e que ca que está caenda só a "craneos privilexiados" se lles pode ocorrer promover protestas por ter que facer 25 horas lectivas semanais cando sempre o viñemos facendo agás dende a reducción a 21 horas por non se sabe que oscura razón: Obviamente pedagóxica non, e por exceso de traballo tampouco. A sociedade que está ahi afora, ainda estan a esperar que lle demos unha razón coherente pola que se nos reduxo a xornada lectiva a 21 horas fai agora 3 anos.
    Eu, tomeime a molestia de ler o DOGA para enterarme ven o que se nos está a pedir e, non vou andar con rodeos:Só se regula é o que os pais e nais nos veñen demandando dende fai moitos anos, e dicir: Que nos impliquemos non só na ensinanza, senón tamén na educación dos rapaces. Que saibamos quen é seu pai e sua nai, que saibamos quen ven a recoller ó rapaz ó colexio, que estemos atentos a si o neno sube ó autobús correcto, que avisemos se o neno non chega no autobùs, e sobre todo que velemos un pouquiño máis pola seguridade dos nenos, que non son só unha ratio, son persoas: eles nenos e nos mestres.
    Eu ainda lembro cando D. Antonio nos viña a buscar á de Tuno porque en vez de ir para a escola nos quedábamos a xogar o futbolín. Claro, esto foi fai 40 anos, e non pretendo voltar a eses tempos onde o mestre iba casa por casa si facía falla, pero entre eso e pornos a "chorar" por ter 25 horas lectivas á semana hai un abismo. Non serve a demagoxia de que "imos a ser responsables do que lle pase ó neno fora de horario laboral e cousas polo xeito", calqueira que se moleste en ler o DOGA verá que non é asi, e ademáis hay un ponto de obviedade: Aqueles mestres que xa teñen as horas lectivas cobertas nin se verán afectados, pero si un mestre ten 17 horas lectivas á semana, coido que é un privilexio que ás poida completar con "actividades complementarias" en vez de ter horas lectivas en dous colexios e terse que andar desprazando 10 ou 20 Km cada día para poder poder completar as 25 horas.
    ¡ Señores ! (lease compañeiros), cunha praza de funcionarios gañada con noso sudor, cun soldo chamémoslle decente, cun horario laboral tamén máis que digno e cunhas vacacións que a maioria dos cidadáns deste pais consideran indecentes coido que non está de mais recoñecer que non se nos está a pedir un esforzo que non poidamos nin debamos facer, polo contrario, se tivésemos un pouquiño de vergoña, que as veces nos falla, gardaríamo-las pancartas, daríamoslle unha palmadiña no lombo ós sindicatos que só aparecen cando poden sacar tallada e arrimariamolo hombreiro como están a facer a gran maioria dos que ainda teñen traballo neste país.
    Sei, porque o falamos de "ti a ti" que moitos mestres pensan esto mesmo, pero é moi triste que un compañeiro che diga: "Eu penso que é razoable e que non ten nada de excesivo o que se regula, pero eu na escola teño que estar calado ou darlle a razón a catro que intentan impoñela"
    Eso, antes, agora, e no futuro, sempre se chamará dictadura. Eu esixo o meu dereito a ser diferente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario