A opinión dos docentes...non conta?

30 jul 2011

A realidade dos funcionarios

Publicada por L. Segade no Xornal.com o 29 de xullo de 2011.


Permítame disentir coa visión que adoita haber sobre o corpo de funcionarios. A enumeración de dereitos laborais como poder enfermar, cobrar un salario moderado polo traballo realizado, percibir dúas pagas extraordinarias, etcétera, conforman un tratamento humano das relacións laborais que o Estado debe cumprir escrupulosamente. Todas elas deberían ser igualmente respectadas nas relacións laborais privadas. Respecto á falta de paixón, non todos precisamos incentivos para sentirnos satisfeitos. Aínda existen cidadáns e cidadás que cremos no reparto da riqueza, na dignidade e moderación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario