A opinión dos docentes...non conta?

10 jul 2011

Carta a un compañeiro docente.


  1. Autor do comentario:
    Jose Antonio Pazos Pazos
    Localidade:
    Marín
    Data de publicación:
    Sábado 09 de xullo de 2011. La Voz de Galicia.
    Estimado compañeiro docente Conselleiro (dous puntos)

    Quero dende esta carta disculparme con vostede pois desde unha reflexión profundamente errónea, coidei que vostede e o goberno que vostede, compañeiro, representa, pretendían nin mais nin menos que erradicar da face desta nosa terra galega o servizo público de educación. Polas "sinais de fume" que me ían chegando cavilei ca falta de recursos á que a Xunta nos ten sumido desde hai un tempo, o desprestixio da profesión que desde certos medios se está levando a cabo e aos que vostede con celeridade saíu ao paso, e a preeminencia que o seu goberno lle está dando á privada e a concertada sobre a educación pública eran pasiños nun maquiavelico plan de rematar (en tódolos sentidos) coa educación pública. Como son bo cristián e sei que se peca tamén de pensamento pídolle públicas disculpas. Vostedes é certo que non pretenden isto.

    Sabe que foi o que me fixo cambiar de idea, pois que vai nada no colexio no que estou, viñeron dous pais a matricular ao seu neno autista, rebotados dun colexio concertado cercano (mantido cos mesmos cartos cun público), onde o seu pai fora alumno, aos que suavemente (os pais dixeron co compañeiro PT dese centro) fixeron desisitir de matricular ao neno "pois no contaban cos medios cos que poderían contar na pública, para atender ao neno". Os medios cos que contamos nós, ben os coñece vostede, compañeiro docente Conselleiro: voluntarismo, dedicación e unha morea de imaxinación para sortear as pedras que se nos están poñendo tódolos días. Mentres a nós as diferentes calidades deste neno con nomes e apelidos enriquécenos, a outros entorpecelle a súa porcentaxe de resultados.

    E falando de porcentaxes vai xa moito que nun colexio privado privado de Pontevedra emitían no diario da cidade estes resultados no selectivo: 100% de aprobados en Barcelona , 100% de aprobados en Madrid (estas duas cidades saén do meu cacumen, Madrid era seguro, pero como exemplos valen) e 90% de aprobados en Pontevedra. Unha de dúas ou os galegos eramos mais parvos ou sería que como o sacaron en Pontevedra non se podía esaxerar tanto non fose que se queixasen os que suspenderon.

    A outro compañeiro que escribiu unha carta antes ca min, vostede leva 23 anos no corpo i eu 47 no meu (as experiencias extracorporeas inda non están demostradas científicamente), asegúreme vostede que traballando 8 horas mais os meus alumnos van obter mellores resultados i eu alá vou. Vostede con 23 anos no corpo nunca oiu que mais vale pouco e ben que moito e mal. E non me veña con contos de vixiar saídas de autobuses e blah, blah, blah, se ata o Compañeiro Docente Conselleiro recoñeciu que xa se facía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario