A opinión dos docentes...non conta?

15 jul 2011

Cando chegue setembro

Autora do comentario: 

Inmaculada González Rodríguez

Localidade:
Ourense
Data de publicación:
Xoves 14 de xullo de 2011. La Voz de Galicia.
Manifestacións na rúa. Pitos, cánticos, bailes e rimas. Os sindicatos convocan ao profesorado que, indignado, acude á súa chamada. É final de curso e os nenos non saen perxudicados. Paréceme ben. Estamos nun país libre e todos temos dereito a expresar as nosas opinións, queixas e protestas de xeito público e expreso.
O que me preocupa é o que vai pasar despois. Cando chegue setembro e empecen as clases. Cando as folgas e protestas dos profesores vaian en detrimento dos cativos. Eles non teñen culpa de nada, pero pagarán os pratos rotos, como case sempre.
Penso que deberían pensalo un pouco e que tería que primar o beneficio dos cativos e non os intereses corporativos dos sindicatos, que xogan a erguerse das mesas de negociación

No hay comentarios:

Publicar un comentario