A opinión dos docentes...non conta?

7 jul 2011

Para que non haxa dúbidas...a xornada lectiva en secundaria.

Ante as declaracións do conselleiro e desmentido da Consellería (?) e, para que non haxa dúbidas, o que di a orde que regula os horarios lectivos do profesorado para o próximo curso, que vén de publicarse recentemente, no tocante ao horario lectivo de secundaria é o seguinte:

Artigo 4. Xornada semanal do persoal funcionario e persoal laboral que imparte as ensinanzas de educación secundaria, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas.
1. A xornada semanal do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, programas de cualificación profesional inicial, bacharelato, formación profesional específica, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas será de trinta e sete horas e medias, das cales dedicarán trinta as actividades do centro con presenza no mesmo. Destas 30 horas semanais, 23 serán de horario fixo no centro educativo. Destas 23 horas, 18 terán carácter lectivo podendo chegar ata vinte se as necesidades do centro así o esixe en función do profesorado dispoñible.
2. Nos centros que proceda, entre as 18 horas lectivas e as 23 de presenza fixa no centro incluiranse as gardas de recreo e para custodiar ao alumnado no período de tempo que transcorre desde a chegada do alumnado transportado e o inicio da actividade lectiva e desde que rematan as actividades escolares ata a saída do transporte escolar.
Artigo 5. Outras actividades computables como lectivas.
Nas ordes que desenvolvan os regulamentos orgánicos dos centros complementarase a regulación da xornada de traballo do persoal docente e determinarase que as funcións directivas e outras actividades teñen a consideración de lectivas, fixándose o número de horas ou sesións lectivas computables por esas actividades.

Agora cada quen, pode xulgar que "si hay necesidad" a consellería pode ou non decretar que o profesorado de secundaria cumpra vinte horas lectivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario