A opinión dos docentes...non conta?

28 jul 2011

Gasto en investigación.

Autor do comentario:
Antonio Rodríguez
Localidade: Milladoiro
Data de publicación: Mércores 27 de xullo de 2011. La Voz de Galicia.

Unha das cousas das que se fala estes días en moitos medios son os recortes en investigación en tempo de crise. Parece ser que non se é consciente que investir en investigación é pensar no futuro. E aínda parece máis forte, cando representantes de entidades nas que se debe fomentar a investigación pretenden eivar este concepto.
Esta mesma semana, a Consellería de Educación publicou unha nota na súa páxina web na que se presenta a avaliación dos investigadores do Programa Parga Pondal segundo os criterios do programa Manuel Colmeiro. Nesta mesma nota indícase que en cada investigador Parga Pondal se investiron 175.000 euros ao longo do seu tempo de contrato. Pois ben, aquí é onde entra a antítese entre os recortes e a dilapidación de recursos públicos. A Universidade da Coruña consentiu e pretende seguir a consentir que investigadores con esta avaliación positiva se queden na rúa, de xeito que non convoca prazas para todos os que teñen a acadada tal situación. E isto supón que a xente teña que buscarse o futuro fóra da UDC e moitas veces fóra de Galicia. Na UDC adúcense causas de falta de carga docente para non estabilizar aos investigadores. Sen embargo, figura nun dos últimos postos a nivel de produción científica no ranking das universidades españolas. Pero cando se suxire a creación de prazas con perfil investigador, os mandatarios de turno enrócanse e non hai maneira de saír dese punto. Parar empezar, cartos dilapidados nunha formación que non repercute no fomento da investigación en Galicia. En segundo lugar, cartos perdidos; os investigadores responsables de proxecto que se teñen que marchar, levan con eles os cartos de tales proxectos...
E así estamos, rercortes por un lado, dilapidación por outro e tratamento do persoal como se fora mercancía para rematar. Mentres somos gratuítos, somos útiles. Despois, se te vin, non me lembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario