A opinión dos docentes...non conta?

24 jul 2011

Os intercambios de libros

María Belén Pérez

Oleiros, A Coruña . Xornal.com


Este curso puxemos en marcha un sistema para reciclar, compartir e aproveitar os libros de texto entre os alumnos do noso colexio, sito nas aforas da Coruña. Os alumnos que queren participar (voluntariamente) donan os libros do curso que remataron e solicitan libros do curso ao que promocionan. E teño que decir que a experiencia resultou moi positiva. Neste intercambio participaron casi unhas 100 familias, cada unha recibe (de media), 3 libros; se poñemos que por media un libro custa 25 euros, supoñemos que con isto conseguimos un aforro de 7.500 euros. Ademais do aforro familiar hai que ter en conta o sentido ecolóxico do proxecto: casi 100 millones de árbores son abatidos cada ano para abastecer de papel e cartón aos españois. Gustaríanos, dende a nosa ANPA, conseguir que isto se repita ano tras ano e incluso se mellore. Dá moita mágoa ver os libros de texto pechados nos armarios porque ningúen quere tiralos, pero que realmente ninguén volve a usar. Este é tamén un chamamento á Consellería de Educación para pedirlle que dende alí promulguen tamén algún tipo de medidas parecidas a ésta nesta época de crise e que apliquen un pouco de esa austeridade da que tanto falan. )

No hay comentarios:

Publicar un comentario