A opinión dos docentes...non conta?

29 jul 2011

Así se destrúe un país

Publicada o 29.07.2011 en Xornal.com

 Reducción constante de profesorado en tódolos niveis, aumento da ratio por aula, reducción de grupos de apoio e atención á diversidade (máis horas lectivas, menos profesores), abandono do rural... Grazas ao señor Núñez Feijóo e a o señor conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, por facer que o sistema educativo galego retroceda uns 20 anos. Xa sei que para iso lles votaron os que queren que a educación pública se deteriore e quede relegada aos sectores marxinais. Xa sei que eles e os seus amigos dispoñen de cartos para pagar unha escola privada que forme só a unha élite económica esixa un gran negocio. Pero perdoe que algunhas persoas aínda creamos que todos somos iguais e temos dereito á educación e a formar parte dunha sociedade cohesionada, na que non haxa unha clase social con tódolos dereitos e outra ao seu servicio. 
M. S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario