A opinión dos docentes...non conta?

27 ago 2011

ALARMA ECOLÓXICA


  1. Autor do comentario:
    Lisardo Quintas Rodríguez
    Localidade:
    Ourense
    Data de publicación:
    Venres 26 de agosto de 2011. La Voz de Galicia
    Dirixome a todos vós cunha teima na que creo estamos todos involucrados; diríxome a profesionais do sector, institucions publicas, ás asociacions ecoloxistas, xente da cultura, mestres, biólogos, labregos...ás xentes do común. Todos co denominador común do amor ás terras que bañan o río do esquecemento e que agora, máis que nunca, esta mergullado no caixón do olvido.
    A situación que vivimos neste estío disparou as alarmas ecolóxicas na zona. Tempo hai, no que as sintomatoloxías deste río moribundo, están a dar mostras dun esmorecemento irremediábel. O encoro das Cunchas é a proba concluínte do que está a ocorrer. Non fai falla insistir na proliferación das Cianobacterias que ateigan as augas da barraxen, e que segundo algúns expertos, poderían chegar a ser MORTAIS
    Porén, a situación na Limia Alta, non semella mellor. As agresións con pesticidas, funxicidas, fertilizantes químicos, praguicidas, puríns, augas fecais...para "mellorar" a produción de cereal e pataca está levando ás marxes do río a unha situacion angustiosa. Semellantes prácticas están incidindo non só na calidade da produción, senón na saúde das persoas. Tense detectado ultimamente un perigoso aumento de CANCROS, INFARTOS CEREBRAIS, GRAVES ALERXIAS, PNEUMONÍAS...
    Basta xa!!!
    É hora de loitar e de protexer esta conca fluvial; é hora de organizarnos os que amamos estas terras; é hora de unirnos, sen partidismos polÍticos, nunha grande PLATAFORMA que poida ofrecer un futuro medioambiental ás comarcas da LIMIA.
    Este é un chamamento a colabourarmos todos,todos!!!, para que este país non perda a dignidade e siga a ser o País dos Mil ríos de Cunqueiro e o dos Rios, Fontes e Regatos Pequenos da gran Rosalia
    ASDO: Lisardo Quintas Rodríguez
    Profesor de Xeografía do IES Cidade de Antioquía, Xinzo de Limia

No hay comentarios:

Publicar un comentario