A opinión dos docentes...non conta?

27 ago 2011

Camareiro do século XXI


Alexia Rodríguez Pequeno (Vigo)

Publicada en: Faro de Vigo o 27 de agosto de 2011.







Soa o espertador. Levántaste unha madrugada máis, pos os pés no chan. Levántaste, sabes que dentro dunhas horas toca estar no teu posto de traballo. Son as 4 ó 5 da madrugada. Para ti xa comezou o día. Saes polo limiar da porta, non volverás ata media tarde. Vaste entre esperto e adormecido. Vestido e dubidando se realmente levas todo ou deixas algo atrás. Fas reconto de se levas todo, antes de acender o coche. Pensas: que me deparará o día? Hoxe falo do mundo da hostalería ou outros tantos traballos que teñen horarios sacrificados. Pero como é o teu traballo..., falo feliz, sentíndote útil cada mañá deses 365 días. Serves almorzos, atópaste cada día con persoas que che fan sorrir cando vos cruzades, e ti segues servindo cafés na barra. Outras veces aguantas comentarios que non queres escoitar.
Cantas veces quererías estar no sofá, e máis os días de choiva ou cando estás máis durmido que esperto, con dor de pernas ou pés. Preferirías que outro fixese a túa quenda.
Propóñoche: Retráete a un segundo plano. Es un simple espectador. Ves camareiros/as acelerados pola mañá entre o movemento da cafetería. Mentres ti tentas espertar ou ver o xornal. Eles están no seu mundo, tantos cafés, cortados…, torradas, zumiño dunha… tolemia, reter tanto a certas horas... ou que che esixan de mala maneira un café.
O cómico, vén cando tes un coñecido, amigo/a, parella ou traballas no mundo da hostalería. Tenta quedar con eles. Que non che estrañe nada o que poida suceder! Non te imaxinas, desde os contratempos máis desproporcionados aos máis surrealistas… Pode estar esnaquizado polo día de trafego. Soa o teu móbil. Diche: "non podo quedar, aínda non saín, dobro quenda, chego tarde… estou sen ducharme… e con estas pintas de faena mellor pospor os plans"… ou mellor cando che di: "queimeime a man co forno en plena madrugada. Sen saber como, pero queimeime". Nunca te imaxinas o emocionante e interesante que é a súa vida, e a cuestión que cambiará a súa vida hoxe…
Como colofón, Que pensarías…? Quedas coa palabra do novo camareiro do século XXI de que outro día poderá ser?...

No hay comentarios:

Publicar un comentario