A opinión dos docentes...non conta?

2 ago 2011

Apoio a preescolar na casa.


Autor do comentario.
 Xoán Coruxo.

Publicado o 02.08.2011 en Xornal.com

Se, como di Jordi Ballera en Xornal de Galicia, un país máis pequeno que o noso, como Israel, onde a metade do territorio é zona case erma, acadou eses éxitos de riqueza e desenvolvemento no rural, que non podería acadar Galicia se se xestionase ao xeito? A Xunta está obrigada a apoiar o rural e a traballar para que as familias que alí desenvolven a súa vida non abandonen as súas terras. E isto sen dúbida comeza por garantirlles aos seus nenos programas educativos coma os de Preescolar na Casa. Por que se quere destruír algo que funciona ben e é tan necesario? Se os nenos do rural non poden acceder a estes programas para o seu desenvolvemento, as familias rematarán abandonando ou non tendo cativos. A economía, o medio ambiente, o acervo de séculos e o futuro de Galicia non pode perder ningún dos seus activos, e menos o medio rural, con máis de dous millóns de hectáreas a producir, a xestionar en beneficio de todos. É moi difícil entender a onde quere conducir Galicia o señor Feijóo, pechando a billa a este tipo de programas educativos que se financian fundamentalmente con fondos europeos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario