A opinión dos docentes...non conta?

12 ago 2011

Máis recortes en educación


  1. Xosé Luís Sande Muñiz
    A Coruña
    Xoves 11 de agosto de 2011
    Polos datos que publica a Consellería de Educación, vemos como se produce outro recorte importante no número de profesores para o vindeiro curso escolar, recorte especialmente grave no caso dos que atenden a alumnado con minusvalías e Necesidades Educativas Especiais (profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe).
    Coa escusa da crise, están a recortar sobre quen máis o necesita. Estes recortes son inxustificables e absolutamente inxustos, actuando con saña sobre a parte máis vulnerable da sociedade, as persoas con minusvalía. Estes recortes poden ter consecuencias para toda a vida desas persoas, condenadas moitas veces á exclusión social por non ter recibido a educación que se merecen, especialmente na infancia, época fundamental para a súa formación.
    Haberá que preguntarse que importancia lle estamos a dar á educación, canto nos preocupa a xustiza social para cubrir as necesidades de quen máis as necesita, canto de cinismo e hipocrisía hai neses políticos que recortan deste xeito cando non tiveron nin a decencia de renunciar ao plus de altos cargos que seguen a cobrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario