A opinión dos docentes...non conta?

7 ago 2011

Indignados, indignos e outras alternativas

Honorio Collado García//Vigo

Publicada en Faro de Vigo o 07.08.2011







Os realmente indignados somos a maioría da xente corrente, que estamos a sufrir nas nosas carnes o amargo sorriso da "crise". Ilusionámonos cando arrincou este movemento de "indignados". Os seus desexos eran os desexos da maioría de nós. Querían un cambio de temón na clase dirixente, unha maior participación dos cidadáns no rumbo das cousas que nos afectan máis directamente. Foi cómica a reacción dos políticos, uns comprendíanos, outros se identificaban… Patéticos todos! Ben, pois aqueles indignados, si que nos representaban. Aquilo pasou e agora quedan uns poucos, amálgama de diferentes colectivos raiando a marxinalidade (perroflautas, okupas, e algúns realmente bos, pero soñadores de utopías).
Como eles mesmos lles dicían aos políticos: "Non nos representades". Tampouco estes residuos daquel movemento, nos representan.
É o noso dereito e o noso deber presionar e esixirlle á clase política cambios radicais, empezando por eles mesmos. Sobran moitos deles, sobran todos os amiguetes que tras as eleccións se converten en asesores da nada. Sobran moitos alcaldes e concellos; sobran as deputacións; sobran moitos coches oficiais; e sobran moitos gastos superfluos de todos eles.
Temos as ferramentas que a democracia nos outorga. Temos a palabra, o poder de convocatoria para organizar actos de protesta e todas cantas medidas sexamos capaces de organizar para presionalos e convidalos á necesidade de cambiar. Está claro que así non podemos continuar. Do que sexamos capaces de presionar vai depender o noso futuro, como alguén dixo: "Un país ten o Goberno que merece". Creo, honestamente, que nos merecemos algo mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario