A opinión dos docentes...non conta?

26 ago 2011

CONCELLO DE RIBADEO. DIGNIFICACIÓN DA FUNCIÓN PÚBLICA


  1. Autor do comentario:
    Pepe Iglesias
    Localidade:
    Santiago
    Data de publicación:
    Xoves 25 de agosto de 2011. La Voz de Galicia.
    Sr. Director:

    Nos dous últimos días publicaronse no seu periódico, en primeira páxina, varias referencias relacionadas co cumprimento do horario de traballo polos funcionarios do Concello de Ribadeo.
    Son funcionario, aínda que non do Concello de Ribadeo, e síntome abochornado pola tendencia dos políticos e da prensa a descualificar de xeito reiterado e premeditado ó funcionariado en xeral, sen ton nin son, só se vai á carnaza fácil, ó desprestixio dun colectivo, que en época de crise mantén o seu posto. Xa está ben!.
    Pois ben Sr. director, saiba, que nos casos coma este, o sentido da información, para ser correcto, debe orientarse cara á realidade: en todo colectivo, e tamén no de funcionarios, hai traballadores que incumpren ou non cumpren na súa totalidade coas obrigas que teñen encomendadas, e para corrixir estas condutas están previstos os mecanismos oportunos, que ten que poñer en marcha o responsable da organización na que se produzan e cando non se fai é tan responsable o que incumpre como o que ten a obriga de corrixilo e non o fai.
    No caso do Concello de Ribadeo, o Sr. alcalde é o xefe do persoal que presta servizos nese concello e, en consecuencia, é o máximo responsable para que aquel cumpra coa función e co horario que ten asignado, polo que se se produce algunha eiva e non se lle pon cancela a culpa é única e exclusivamente do rexedor municipal.
    Claro que a penosa cualificación da nosa clase política (véxanse outras noticias moi similares, publicadas non hai moito tempo, nas que foi protagonista o Sr. Feijoo en relación co persoal da Comunidade Autónoma, na mesma dirección a cal se pretende incorporar agora o Sr. alcalde de Ribadeo, actuando de igual xeito, aínda dada a súa pertenza a un partido político ben distinto! Quén o diría!) prefire valerse de grandes elocuencias e demonizar a todo un colectivo antes de recoñecer a súa propia inoperancia e incompetencia, quizás con aleivosía, no exercicio do mandato para o que foi elixido. É dicir para...gobernar?.
    Gobernar, Sr. alcalde, implica tomar decisións responsables de seu, e apeitugar coas consecuencias, sen esperar que teñan que tomalas aqueles cidadáns que o elixiron a vde. para tal cometido, ou que a prensa lle faga o seu traballo, deixándoo case como a un heroe, cando na realidade non é máis ca un perfecto incumpridor da súa responsabilidade.
    Se ten unha ovella negra no seu rabaño, teña coraxe, sáquea, corríxaa e non apalee as outras.
    Ah! Claro! Sr. alcalde: vostede fai coma o avestruz! tira a pedra e esconde a man!. Pretende enfrentar ós seus traballadores cos administrados ós que os funcionarios lle deben prestar unha función de axuda para resolver as cuestións que demandan. Esta é a forma que ten vostede para solucionar os problemas do seu concello?. Pois mais vale que vaia renunciando o seu posto e se dedique a algo que lle sexa mais acaído.
    Vergoñento Sr. Alcalde. Só unhos consellos: Póñase as pilas. Cumpra coa función para a que foi elixido polos seus conveciños. Non predique con este tipo de exemplos. Actúe se ten que actuar contra aqueles que incumpran coa súa obriga. Deixe de descualificar a todo un colectivo que, de seguro, sí cumpre coas súas dignas funcións e gaña o soldo honradamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario