A opinión dos docentes...non conta?

6 ago 2011

Educación de calidade

Yago Rodríguez Yáñez e os restantes membros do claustro de profesores//As Ponte

Publicada o 06-08-2011 no Faro de Vigo.




Certamente, o ensino constitúe unha das esferas fundamentais da sociedade, polo que resulta imprescindible o seu correcto plantexamento, máxime neste tempo no que se celebra, quizais en demasía, o grao de excelencia dunha denominada "educación de calidade". Este e outros conceptos contribúen a camuflar unha realidade cando menos gris e alonxada dos presupostos pregoados, encamiñados a convencernos de que nos atopamos ante a "xeración máis preparada da historia".
Á consolidación deste sistema enquistado contribúe a adopción de medidas tales como a redución de profesorado e a amortización de prazas docentes, responsables directas de que milleiros de profesionais permanezan sen traballo.
Por outra banda, o claustro do CPI Monte Caxado, de As Pontes de García Rodríguez, manifesta a súa indignación e desacordo ante a posibilidade de compartir centro que gravita sobre a cabeza de varios compañeiros; tal proposta semella derivar dunha ineficaz xestión administrativa e se traduce nun agravio comparativo evidente con relación ós restantes docentes, así como reflicte un sistema educativo enfermizo que tenta paliar os seus males con parches.
Non en van as persoas implicadas haberán de desprazarse continuamente ó longo da xornada, co aumento de "horas mortas" e coa dobre responsabilidade de axustarse á normativa de centros diferentes.
Ante esta situación paga a pena preguntarse que é o que estamos buscando e se realmente tanto o profesorado como os rapaces se merecen esta xestión. ¿Poderemos acadar deste xeito unha verdadeira "educación de calidade"?

No hay comentarios:

Publicar un comentario