A opinión dos docentes...non conta?

3 ago 2011

De bolos por Valdeorras...

Velaquí os tedes, tan sorrintes..., os  compañeiros músicos artistiñas que comezan a dar os seus primeiros pasos, gravando un disco e actuando por distintas localidades na nosa provincia. Nestes momentos de agudísima crise e un país no fío da intervención, tres mozos traballan en algo que lles gusta e os fai sentirse satisfeitos e felices. Con todo..., agardámolos en setembro, para vernos...as caras. Saúde, sorte e éxitos... Esta é a entrevista que lles fixeron na Voz de Galicia.

«Presentarse a concursos serve para que a xente te escoite»

Álex González (A Rúa, 1994) é o cantante e guitarrista de Praceres Solitarios, o grupo rués que este verán conseguiu colocarse como imprescindible nos festivais que, como cogomelos na primavera, xurdiron no oriente ourensán. E eles -porque Praceres Solitarios son tamén David Fariñas, Suso Rodríguez e Bruno Arias- non pensan deixar pasar a oportunidade. Mañá tocan na Rúa, o sábado en Vilaseco (O Bolo) e a próxima semana en Arcos (Vilamartín). Alí levan os temas da súa primeira maqueta, editada en Semana Santa.
-Supoño que un primeiro paso para darse a coñecer.
-Si, gravámola e editámola nós. A masterización fíxoa un amigo. É o xeito, porque gravar un disco é algo custoso e por agora, antes de facelo, queriamos gravar unha maqueta, pasala un pouco para que a xente coñecésenos. E non tardaremos moitos en gravar un CD, pero non é o momento.
-Supoño que é utópico pensar en que unha discográfica edite a un grupo emerxente...
-Non temos esas ilusión. Preferimos saír cara a adiante por nós e non esperar nada dunha discográfica.
-¿Versións ou temas propios?
-Facemos versións, pero tamén compomos temas propios. Na maqueta, por exemplo, só metemos temas propios.
-Para quen non coñeza a Praceres Solitarios, ¿que fan?
-Facemos rock and roll clásico. As nosas referencias son Platero , Extremoduro, un pouco nesa liña. E tamén ACDC, Led Zeppelin...
-Están en todos os festivais de Valdeorras, é bo sinal...
-Estamos a movernos moito, temos moitas actuacións. Xa temos certo nome. A xente venos nun sitio e chámanos. Cada vez vennos en máis e iso é un círculo. Ata ao baixarnos do escenario pídennos o número. Nalgún festival xa nos contratan para outro.
-¿E fóra da comarca?
-Tamén. Temos unha promotora que nos move. Estamos contentos.
-Forman parte das Jorigames do Carballiño, ¿é a forma de promocionarse?
- É un xeito de darse a coñecer e gañar un concurso xa sería moito. Polo menos serve para que te escoite a xente. Neste último, de 1700 grupos, imos de 95. Está ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario