A opinión dos docentes...non conta?

18 sept 2011

Continúa a campaña de normalidade...

Como pode comprobarse nas hemerotecas hai uns quince días que a Consellería vén dicindo que o curso comeza con "normalidade". Nos medios de comunicación aprovéitanse os suplementos educativos (pagados) para meter as cuñas sobre as bondades e as "excelencias" da política educativa que está levando a cabo o goberno da Xunta. Entrevistas nas que se mente descaradamente e se ocultan datos sobre as reducións de profesorado, o recorte de recursos, as asignacións de funcións non docentes ao profesorado e aínda por riba pretendendo que este é o comezo de curso máis "normal" dos últimos anos. Home...a credulidade chega ata un punto, señor conselleiro... (véxase a entrevista publicada en La Región o 18.09.2011)



Sobran as palabras, o conselleiro retrátase el soíño.


1 comentario:

  1. Este curso no meu cole desaparece "PRENSA ESCOLA" de "LA VOZ DE SU AMO". Que os financie cristo!.
    Cada vez que piden estadísticas e información, cumplindo a lei, remítos a Delegación Territorial.Total publican o que queren...

    ResponderEliminar