A opinión dos docentes...non conta?

18 sept 2011

Prestixio profesional.

Dolores Sánchez Leira. Santiago. Publicada en La Voz de Galicia.

Luns: entrada 8,30; saída, 14,45. Hoxe foi un día bo.
Martes: Entrada 8,30; saída, 18.15. Non fun cos compañeiros ao restaurante para atender a nai de Lelo, xa que sae ás 15 do Clínico.
Mércores: entrada 8,30, saída...21. Temos un cursiño do Proxecto Abalar para aprenderlle ao alumnado Informática.
Xoves: hoxe pola tarde debería ter familia, mais non podo porque claustro e preparación das clases de Lelo (especial), as de Mohamed e Khadiya. Ademais debe dar clase de Xeografía (son de Lingua).
Venres: penso na calidade de ensino e de qué partidase sacarían os cartiños para atender ao noso Lelo. ¿E se as clases de relixión católica se desen nas catequeses? Serían dúas horas que aforrariamos para o alumnado especial.
Sábado cola do súper. Dúas señoras falan sobre os mestres -"gañan  dabondo para o que fan"- e dinme, ¿vostede en que traballa?
Quería dicirlles que son mestra dende hai 34 anos e que gaño 2000 euros, mais só digo: "O meu home é electricista".

No hay comentarios:

Publicar un comentario