Manuel Menor.
Un xornal preguntaba o pasado 3l de agosto: “¿Considera vostede xustificado que os profesores de Madrid fagan folga por ter que dar dúas horas máis de clase?” Ao día seguinte, o presunto debate, con dúas únicas opcións: Si ou Non, obtiña un humillante 83% de respostas á segunda.
Non parece que pretendesen a validez científica para a súa expeditiva maneira de captar a atención dos lectores: estas enquisas de opinión só serven a quen as encargan. A simplificación da pregunta evidenciaba unha perfecta mostra de manipulación, inducindo un determinado modo de crear opinión interesada. Tal como estaba formulada era intercambiable con esta outra: “¿Verdade que estes profesores son uns señoritos, que convocan unha folga porque quen lles mandan agora vanlles facer traballar?”
A pesar diso, ten interese que saia ao circo mediático o ensino. A moitos xornais pásanselles os días sen mencionar a educación e, cando o fan, é coma se dun asunto do Caso se tratase. Nin caen na conta de que, tan proclives como son a proclamar de maneira descarada as grandilocuencias de determinados políticos cara ao seu peculiar modo de xestionar a educación, se preguen dócilmente aos seus ditados cando de problemas reais da mesma se trata. Pero aínda así, benvidos sexan ao debate do concreto neste campo.
Para responder á pregunta con algunha validez democrática deberían adoutrinar menos e informar máis. Se se tratase tan só de traballar ou non dúas horas máis -para pasar de 18 a 20 horas semanais, calquera –e non só os profesores– asinaría un horario similar. Esas horas estritamente lectivas de máis –de clase cos alumnos–, non alteran o cómputo global das case 38 horas semanais que reparten entre diversas actividades necesarias no seu traballo, pero alteran profundamente a correlación proporcional destas, en prexuízo da calidade dos resultados. Se saben en que consiste a docencia en Secundaria, a prensa non pode confundila co traballo en cadea, nin co dunha burocrática gardaría. Nin inducir a pensar que ter 20 adolescentes en clase sexa o mesmo que ter 35 ó 40 –con toda a variedade que xera a sociedade, non cunha selección da crema social-: ¿por que non 200? E tampouco pode contentar ao lector con tópicos como o de que todo profesor pode traballar calquera asunto cognitivo, ou o de que unha hora lectiva –a estas alturas- debe ser máis ou menos igual que fai douscentos anos. Se non quere ser a mera prolongación dalgunha consellaría, ha de mostrar que isto cambiou moito e tamén os medios adecuados para facelo ben. Como en moitas outras profesións. E queira ou non, ha de ter claro qué concepto de ensino prefire: como un bo investimento de futuro ou como un gasto superfluo. Sobre todo se é para todos.
¿Pasóuselle pola cabeza ao facedor da teimada pregunta que a maioría dos profesores non son chafalleiros? ¿Pareceríalle xustificado que, desde anos atrás, pero máis intensamente desde 2009, se lle recortasen as condicións básicas do seu traballo como xornalista? ¿Bendiciría seica que, para facelo máis atractivo, expulsasen a unha parte sensíbel da redacción? ¿Non vería unha tomadura de pelo en que, despois de tamaño afecto, se lle instase agora –cando máis o afogan– a un esforzo compartido e á enorme responsabilidade no seu quefacer?

No hay comentarios:
Publicar un comentario