A opinión dos docentes...non conta?

2 sept 2011

Orgullosos do noso Cole!


  1. Autor do comentario:
    Manuel Comesaña Martinez
    Localidade:
    Vigo
    Data de publicación:
    Xoves 01 de setembro de 2011. La Voz de Galicia
    Entre outras cousas no noso Cole temos unha magnífica Biblioteca onde, a través de diferentes actividades, os mestres axudan ós nosos nenos a achegarse ó mundo da lectura e dos libros. Temos Seccións Bilingües grazas ás cales se conta no cole cunha auxiliar de conversa. Ademáis tamén dipoñemos dunha dinámica WEB e unha revista (Faro da Ría) onde nos podemos informar e disfrutar de todas as actividades que se desenvolven no cole. Os nenos disfrutan dun amplo comedor escolar e transporte escolar gratuíto.

    Ademais no noso Cole desenvólvense proxectos educativos en Educación Infantil, e outros niveis, a través dos cales os pequenos aprenden dun xeito activo e participativo (algún deles .. galardonado cun Premio Innovación Educativa) e proxectos propios como Son dun pobo, son dunha escola no que os nosos nenos teñen oportunidade de compartir escenario coa Banda de Música Lira de San Miguel nunha producción sociocultural conxunta ou o proxecto ?Facendo escola?, recoñecido polo Ministerio de Educación e presentado polo profesorado no Congreso de Convivencia Escolar.

    Participamos no Programa Voz Natura no que o noso Cole foi gañador hai cinco anos e disfrutamos dunha Biblioteca de Verán na que traballou profesorado do centro ata o día 4 de xullo . Tamén este curso foinos concedido un campamento de Inmersión Lingüística en Inglés. Todo isto sen esquencer as numerosas saídas educativas, festas e conmemoracions ó longo do curso.

    ¿Que é o que implica toda esta actividade? Moitas horas de traballo que non computan como tales por realizarse fóra do horário lectivo e que, sen embargo, melloran a calidade educativa e os servizos para os nosos nenos e familias. Moitas horas de traballo administrativo para un bo funcionamento do cole. e case sempre con medios limitados e, sobre todo, escaso recoñecemento.

    Habitualmente pasamos demasiado rápido pola escola e non reparamos e todo o que alí dentro acontece grazas ó traballo de, ademais dos nosos mestres, do persoal de cociña, persoal auxiliar, e persoal de limpeza. Estes feitos confírmannos que, ó contrario do que se dá a entender nos medios de comunicación e sociedade en xeral, o que para nós é o mellor sistema educativo, o ensino público de calidade, está aquí e é real no noso cole a pesar dos intentos por desprestixialo socialmente. Tamén sabemos que somentes poderemos manter este tipo de ensino con vontade e traballo por parte de todos nós, a nosa comunidade escolar. Deste xeito ninguén poderá quitarnos a satisfacción de dicir...¡ Estamos orgullosos do noso Cole !
    A directiva da ANPA e representantes de nais/pais no Consello Escolar do CEIP Ría de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario