A opinión dos docentes...non conta?

5 sept 2011

Convivir e participar

Autor:
José A. Caride  Catedrático de Pedagoxía Social da USC
Data de publicación:
5/9/2011. La Voz de Galicia.

A convivencia é unha aprendizaxe, non unha imposición, por moito que poida ampararse na lexitimidade da que están dotadas as sociedades democráticas para construíla. Por iso é polo que hai pouco de cuestionable na vontade de procurarlle un marco normativo que a favoreza, informando dos principios ou procedementos que deberán sustentala, sobre todo en institucións como a escola, que teñen especial responsabilidade na conciliación de dereitos e deberes cívicos. Aludimos a un logro no que a participación dos axentes implicados é moito máis que un ben a cultivar. Comeza e termina sendo a verdadeira razón de ser de calquera «comunidade» que se reivindique «educativa»; e polo tanto estimada e respectada socialmente, dialogante, na que os valores que describen (e prescriben) as palabras proxéctense en realidades tanxibles.
Distanciar unhas doutras nos precipita a un abismo de incongruencias políticas e pedagóxicas nefastas. Á fin e ao cabo, as leis xúlganse menos polo que din que polas súas consecuencias prácticas. As que agora nos depara a Lei da Convivencia e Participación da Comunidade Educativa non poden ser máis desalentadoras. Tamén que na súa redacción non exista unha alusión á educación para a cidadanía. Así nos vai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario